Metabolismo do ferro humano

O ser humano utiliza uns 20 mg de ferro cada día para a produción de novos glóbulos vermellos, pero a maioría del é reciclado doutros glóbulos vermellos vellos.

O metabolismo do ferro humano é o conxunto de reaccións químicas do noso corpo que manteñen a homeostase do ferro. O control desta substancia, imprescindible pero potencialmente tóxica, é unha parte importante do mantemento da saúde ou de enfermidades humanas. Na hematoloxía sempre houbo moito interese no metabolismo do ferro. Este é esencial para os glóbulos vermellos do sangue, os que conteñen a maior parte do ferro do corpo. A comprensión deste sistema é tamén importante para entender as enfermidades de sobrecarga de ferro, como a hemocromatose, e as deficiencias de ferro, como a anemia ferropénica.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search